Darwin e a teoría da evolución de Internet para as empresas

Imprimir Correo-e
Economía e Mundo - Marketing
Domingo, 07 Xuño 2009 13:54

Os postulados sobre os que se sustenta a teoría da evolución das especies de Charles Darwin demostrábannos que o éxito reproductivo entre os individuos dunha poboación con características ou trazos diferentes e heredables, viñan provocados en función do clima e os recursos dispoñibles de cada lugar. Cando desenvolveu a súa teoría, Darwin tomou como punto de partida que había que deixar facer á natureza, quen sería a encargada de realizar o lento proceso de selección natural das especies. Non facía referencia a que os máis fortes, no sentido estrito desta palabra, serían os que sobrevivirían, senón que o éxito reproductivo sería para aqueles que soubesen adaptarse mellor á contorna e aos cambios ambientais (falta de recursos, cambios geológicos, chegada de novas especies…). Eses serían de verdade os máis fortes, e os que terminarían evolucionando, e xa que logo, sobrevivindo.

En realidade, Darwin e a súa teoría foron un adianto ao que Internet chegou a supoñer para as empresas. Tomando o seu descubrimento como exemplo, a selección natural realízaa cada día o usuario (futuro cliente) que busca información no vasto lugar que é a Web. El é o clima e o que obriga a que as especies (empresas) varíen nas súas tácticas e busquen a forma de non desaparecer fronte ás outras especies que si souberon adaptarse á contorna. Sobrevivir ata en ambientes descoñecidos. Así, o mundo online supuxo un empurrón e un escaparate nesas novas terras a donde as empresas difícilmente poderían chegar, coas ferramentas das que dispoñían antes. Agora, poden comercializar os seus produtos, darse a coñecer e aumentar as vendas nos seus negocios, a un custo sorprendente para o orzamento comercial que se termina manexando no mundo real.

Adaptando os postulados que definiu Darwin ao mundo empresarial, xunto coas novas variables que están en continuo movemento no ecosistema cambiante no que se converteu a Internet tal e como a entendemos hoxe en día, quedarían redefinidos da seguinte forma:

  • As empresas non son estáticas senón que cambian continuamente, e máis en Internet, unhas orixínanse e outros se extinguen, unhas teñen páxina web e outras non, unhas comunícanse cos seus clientes, e outras non, unhas son sociais e outras non, unhas están continuamente aprendendo como se move un no universo aberto que é a nova Internet e outras non…
  • O coñecemento de Internet e o proceso de evolución era gradual, lento e continuo, sen cambios súbitos. Agora, non todo se resume a ter unha web e xa está, hai moitas máis variables indispensables a ter en conta, e que o descoñecemento na materia non permite ver a aquel que non sabe ou non se deixa aconsellar. Os clientes voan dun lado para outro a base de clicks. Na dicotomía fidelidade e satisfacción do usario / internauta / cliente está parte do leo / solución.
  • Todas as empresas que aínda non desapareceron baixo as toneladas de información que ofrece Internet, poden remontarse a unha orixe única da vida, próximo no tempo, uns 15 anos, pero a prehistoria en tempo Internet, polo ritmo ao que se van lanzando as novidades e van sucedendo os acontecementos.
  • A selección natural explícase en dúas fases: A primeira, a xeración de modificacións espontáneas nas Webs das empresas, é dicir, unha vez aceptada a evolución, os cambios son naturais e deixan de ser traumáticos, onde só custa dar o primeiro paso; a segunda, a selección a través da supervivencia, o que implica que as empresas que xa naceron con modificacións espontáneas favorables para facer fronte a Internet, van ter máis posibilidades de sobrevivir, de reproducirse e de deixar descendencia…, en suma, de evolucionar.

Mentres na época de Darwin as especies tiñan que valerse por si mesmas para sobrevivir, hoxe en día, as empresas, si non controlan o novo mundo que lles abriu Internet e que se viron revolucionado de novo coas ferramentas sociais, teñen a axuda daqueles que coñecen o que vai ser mellor para a súa evolución. O camiño é máis sinxelo e sen tantas complicaciones, aínda que non se entendan por parte do empresario moitos dos pasos que se necesitan dar. O problema, en realidade, é non estar. E si uno non aparece en Internet e nas ferramentas que adoitan utilizar os internautas, ou máis en concreto, estar na mente do cliente, tal e como se manexa a información hoxe en día, é prácticamente coma se non existises. No pensamento Darwiniano adaptado, a desaparición da especie (empresa).


Font